sábado, 3 de noviembre de 2012

Marinero a la CARTA

Boas rapás outra ves.

Pois xa volvín das terras do plátano e a verdade é que atopeime co mesmo tempo que había alí, e incluso os mesmos plátanos que cultivan alí, no chino do lado da miña casa, debe ser pola multiplicación da producción de plátanos esa da que che falaba antes, e da globalisasión.

Levei varias sorpresas o chegares eiquí, positivas e negativas: un frío do carallo, uns rallazos no coche que a xente xa se podía metela man e a chave no cú, dentro das negativas, e un panfleto no buzón coma os dos políticos contando cousas que desexo que sexan de verdá, dentro das novidades positivas.

Supoño que a palomiña segue sen asomarse polo lugar onde andas, pero é normal, andará a espera de que marches da zona de piratas, ¿ou pensas que é tonta e vai deixar que a zampen con un bo viño?!!! Xa me imaxino a eses cans de mar chupando os osiños da pobre palomiña.

A min mañán xa me toca porme a traballar, e non te penses que con menos perigos que ti, ¡eu teño os piratas na mesma casa! Haberá que escapar que xa se sabe, "a vida é moi curta para lidiar con xente idiota". Sen ánimos de insultar a ninjén.

Que o que che queda da viaxe sexa levadeira, e que as miñas cartas axuden a elo.

Unha aperta moi grande e bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario